martes, 28 de junio de 2016

LIBROS DE TEXTO 

(para pais e nais)

En relación cos libros de texto que usaron os alumnos este curso, aquelas familias que tiveron que mercar, sen axuda da consellaría,  os libros de texto de inglés , matemáticas e lingua galega, teñen a posibilidade de devolvelos ao colexio para que formen partedo fondo de libros de texto que utilizarán os alumnos que veñen de 2ºcurso, evitando así que éstes  teñan que mercalos de novo.
Do mesmo xeito funcionará para os alumnos que veñen de 3º nivel e que se poderán beneficiar do fondo de libros, evitando así ter que mercalos de novo.
Indicar que o colexio terá as portas abertas ata o 15 do mes de xullo.
Unha forte aperta e...
Feliz verán!!

lunes, 27 de junio de 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO
 Aproveito para decirvos que o Concello de As Pontes agasallounos cun exemplar de Os Bolechas coma o que vedes na imaxe. Os de 3ºB podedes pasar a recollelo por conserxerkía cando queirades . De todos os xeitos estará agardando por vos para setembro.  

Feliz verán!!!

 

 

martes, 21 de junio de 2016


Actividades de repaso para o verán. 
Imprime e fai algunha ficha cada día.
Xa verás que fácil e doado che parece.

Boas vacacións!!!!


http://www.actiweb.es/bejherro/archivo9.pdf

jueves, 16 de junio de 2016

Verán, praia, vacacións e ... recomendacións!!

 

  Achégase o verán e con el o bo tempo, o merecido descanso,
 o tempo de lecer... e como cada ano, as recomendacións de lecturas de Güino! 
Podedes pasar pola nosa biblio para botarlles un ollo a todas estas 
recomendacións que están expostas no andel de novidades.

 Esperamos que vos gusten moito e o pasedes moi ben durante o verán. 


 Vémonos ata Setembro!!!

miércoles, 1 de junio de 2016