domingo, 29 de marzo de 2015

Os alumnos de 4º B e  4ºA visitaron en xornadas consecutivas as
dependencias de CORREOS da vila.
Alí todos  fixeron entrega das súas respectivas cartas, que traían pre-
paradas.
Ao remate, tras percorrer as distintas dependencias,  recibiron un agasallo.

4ºB EN CORREOS
 4ºA EN CORREOS  

miércoles, 18 de marzo de 2015

O pasado martes fixemos unha visita ó Xardín temático sobre a auga AquaCiencia en Ferrol.
Contra pronóstico acompañounos o bo tempo e "xa iba sendo hora".
Alí pasamos unhas horas súper interesantes e divertidas, entre enxeños e trebellos que teñen como protagonista a auga.

jueves, 5 de febrero de 2015


Isto non para! Xa estamos no ENTROIDO. Como xa sabedes iremos disfrazados de cubanos e cubanas. O disfraz feminino pode consistir : vestido branco ou de cor (mellor con voo), ou ben blusa e saia, ; pendentes ben grandes de cores; colares de cores; abanos... O disfraz masculino podería ser: traxe branco ou claro; sombreiro tipo panamá; aneis grandes; bigotes;lentes de sol...                                                                                                    
No colexio elaboraremos os turbantes cun lazo para a versión feminina e as maracas para a versión masculina ( traer dúas botellas pequenas de auga) 
A modo de mostrario  deixamos estas fotos que nos poden servir de modelo :











































miércoles, 4 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

Dentro do marco de celebracións do DÍA DA PAZ os alumnos e alumnas de 4ºA e 4ºB fixemos a nosa contribución particular en honra de Malala Yousafzai, Premio Nóbel da Paz pola súa loita en defensa dos dereitos das nenas á educación no seu país e por engadidura das nenas de todo o mundo, con esta danza típica do seu país.  


jueves, 27 de noviembre de 2014

Por fin a climatoloxía permitiunos a nosa visita ás Fragas do
Eume. 
Estivemos no Centro de Interpretación, onde nos proxectaron
un vídeo e fixemos preguntas.
Despois percorremos un treito a pé e iamos recollendo  follas polo
camiño. Atrevesamos unha ponte colgante e adentrámonos no 
interior da Fraga.
De volta entrounos o apetito e non viamos a hora de comer a parva. 


Salvando desniveis perigosamente. Pincha aquí a ver se te atopas.